- Tematica
A parroquia amesá da Ameixenda vivirá esta fin de semana tres días de festa na honra de Santa Mariña. Deste xeito, do venres 28 ata o domingo 30 de agosto, os veciños e veciñas da parroquia poderán gozar dunha programación na que destacan as actuacións de Charleston Big Band, a disco móbil Chocolate, o dj Kike Varela, as orquestras Manhattan e Alaska e as charangas Quinkillada e Os Jalácticos.
Os festexos comezarán o venres, 28 de agosto, ás 13.00 horas, cunha misa acompañada da Coral de Tapia e ofrecida pola familia Vázquez Pérez. Tras a finalización desta, darase paso á sesión vermú amenizada por Mariano. Xa pola noite, os veciños e veciñas gozarán dunha gran verbena na que actuarán Charleston Big Band, a disco móbil Chocolate e o dj Kike Varela.
Ao día seguinte, o sábado 29, a festa comezará pola mañá co pasarrúas do Grupo Airiños do Paseo de Colón, sempre e cando a climatoloxía acompañe. Xa ás 13.00 horas, haberá unha misa que, posteriormente, dará paso á sesión vermú, neste caso coa actuación do grupo Alaska. Este día haberá inchables gratis para os nenos e nenas. Pola noite, a acción centrarase na verbena amenizada por Trío Manhattan e, de novo, Alaska.
O domingo 30 volverá comezar cun pasarrúas, neste caso a cargo de Retranqueiros, e estará tamén supeditado á climatoloxía. Ás 13.15 darase comezo á misa ofrecida pola familia Mato e Corral e posteriormente a veciñanza poderá gozar dunha sesión vermú na que participará a charanga Os Jalácticos e na que tamén haberá inchables gratuítos para as crianzas. Pola noite, a partir das 20.00 horas, Os Jalácticos volverán á acción, desta volta xunto a Quinkillada.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Ameixenda prepárase para unha fin de semana de festa"
Diario de Santiago: "A Ameixenda, en Ames, celebra esta fin de semana as festas de Santa Mariña"






