Pestanas principais

Alerta dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia – ALERTA LARANXA

Martes, 01 de novembro de 2011

[01-11-2011] Dende o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso por chuvia e vento para o día 2/11/2011 que afectará ás provincias de A Coruña e Pontevedra, quedando en nivel de alerta laranxa. No oeste e suroeste da provincia da Coruña, e na provincia de Pontevedra espéranse precipitacións fortes que poden acadar os 80 litros en 12 horas, nivel LARANXA, na provincia da Coruña a precipitación acumulada nunha hora pode acadar os 15 litros, nivel AMARELO e os 40 litros nunha hora en Pontevedra, nivel AMARELO. Así mesmo infórmase, de alerta AMARELA no interior da Coruña e na provincia de Ourense onde poden acadarse os 40 litros en 12 horas (nivel AMARELO). No oeste da provincia da Coruña, espéranse rachas de vento máximas de 100 km por hora, nivel LARANXA. No noroeste e suroeste da provincia da Coruña, e nas Rías Baixas, en Pontevedra, espéranse rachas de vento de hasta 90 quilómetros por hora, nivel AMARELO. No interior da provincia da Coruña, A Mariña e Montaña de Lugo esperase acadar 80km/hora (nivel AMARELO). No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CAE 112: www.axega112.org, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o boletín de alerta laranxa que emitiu o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.