[13-08-2018] A praia fluvial de Tapia acolleu este sábado, 11 de agosto, a XXXIII edición do descenso do Tambre, na que uns 450 deportistas xuntáronse en Ames para participar desta proba deportiva e da de circuíto. Alberto Viaño, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, logrou o primeiro posto na categoría sénior K-1. O padexeiro local foi o único que baixou dos 25 minutos para cubrir os 5.400 metros entre Portomouro e a praia fluvial de Tapia. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as clasificacións da proba do descenso do Tambre e das probas de circuíto na praia fluvial de Tapia.
Ribeiras do Tambre O Club de piragüismo Ribeiras do Tambre participou nesta proba con 50 padexeiros/as (15 no descendo do Tambre e 35 na proba do circuíto) dos que 15 acadaron medalla. Do mesmo xeito, no descenso, Alberto Viaño quedou primeiro na categoría senior K-1, Ángel González e Lorena Viaño gañaron na categoría xuvenil K-1, e Alicia Medina proclamouse vencedora na de cadete K-1. No circuíto, Abel Álvarez quedou en primeira posición na categoría cadete K-1, Martín Antelo na Infantil B K-1 e Saray Guilbert na categoría benxamín K-1.

Gañadores/as no descenso do Tambre
Na categoría sénior K-1 masculina o gañador foi Alberto Viaño, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. Nesta proba houbo dous padexeiros, Marcos del Río e Gonzalo Diz, do Club Ribeiras do Tambre que quedaron entre os primeiros. Na categoría xuvenil K-1 masculina gañou Ángel González do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, mentres que David Otero e Juan Alfredo, do mesmo club, quedaron quinto e sexto. Na proba xuvenil K-1 de mulleres a primeira posición foi para Lorena Viaño e a segunda para Andrea Tuñas, ambas do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. Na categoría cadete K-1 masculina o gañador foi Mateo López do Club Cabanas KDM, mentres que Abel Álvarez do Club Ribeiras do Tambre quedou segundo.
Na categoría feminina quedou na primeira posición Alicia Medina e Laura Ardions de segunda, ámbalas dúas do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. Por último en canto ao descenso do Tambre na categoría masculina de veteranos K-1, gañou o padexeiro Humberto Fernández do Club Kayak de Mar Ría de Muros-Noia.
Gañadores/as na proba de circuíto
En canto á proba de circuíto, na categoría masculina os gañadores foron: Abel Álvarez do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre (cadete K-1), Miguel Iglesias do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro (cadete C-1), Mauro Domínguez do Club Piragüismo Rianxo-Toffe (categoría infantil A K-1), Martín Antelo do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre (categoría infantil B K-1), Raúl Fernández do Club Piragüismo Rianxo-Toffe (categoría infantil B C-1), Óscar Juan Allegue do Cluba Naútico Firrete (categoría alevín A K-1), Yeray Niebla do Club de Piragüismo Narón (categoría alevín B K-1), Pedro Dámaso do Club Náutico Firrete (benxamín K-1) e Mateo José Allegue do Club Náutico Firrete (prebenxamín K-1)
Nas categoría feminina da proba de circuíto as gañadoras foron: Irene Lata do Club Ría de Betanzos (cadete K-1), Antía Romero do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro (cadete C-1), Andrea García do Club Cabanas KDM (categoría infantil A K-1), Inés Domínguez do Grupo Xuvenil-Matojoma (categoría infantil B K-1), Celia Montero do Club Náutico Firrete (categoría alevín A K-1), Aroa Rodríguez do Club Ría Betanzos (categoría alevín B K-1), Saray Guilbert do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. (benxamín K-1) e Sabela Fernández do Club de Piragüismo Rianxo-Toffe (prebenxamín K-1).

Un ano máis o río Tambre volveu a encherse de piraguas e canoas. Foron moitos os veciños e veciñas de Ames que se achegaron ata a área recreativa de Tapia para gozar do piragüismo e ver aos mellores padexeiros e padexeiras de Galicia, que se deron cita na XXXIII edición do descenso do Tambre. Arredor de 450 padexeiros/as competiron por alzarse cos premios nas distintas categorías. A baixada do Tambre, organizada polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames é xa toda unha referencia para o piragüismo galego.
Na baixada desde a ponte de Portomouro ata a praia fluvial de Tapia participaron padexeiros/as das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano. Dentro destas categorías competiron arredor de 50 padexeiros e padexeiras que tiveron que percorrer unha distancia de 5.400 metros. Tampouco faltou o circuíto da praia fluvial, reservado ás categorías benxamín, alevín, infantil que percorreron 1.500 metros. Nas categorías de nenos/as participaron arredor de 400 padexeiros/as.
Contido relacionado

Lindeiros: "Alberto Viaño, do Ribeiras do Tambre, imponse na XXXIII edición do Descenso"
Compostela 24 horas: "Alberto Viaño, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, imponse na XXXIII Edición do descenso do Tambre"




