Pestanas principais

Alan Cadavid, do Ames Atletismo, logra a quinta posición en martelo no campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16

Sábado, 11 de outubro de 2025

Esta pasada fin de semana, 4 e 5 de outubro, celebrouse en La Nucía-Alicante o campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16 e inclusivo en pista. Alan Cadavid, do club Ames Atletismo Savante, participou en dito campionato na proba de lanzamento de martelo, mellorando en máis de 4 metros a súa mellor marca anterior. Ademais, o club amesán estivo representado a través de Mayka Jueguen, que acudiu como adestradora da selección galega.

Esta pasada fin de semana, 4 e 5 de outubro, celebrouse en La Nucía-Alicante o campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16 e inclusivo en pista. O club Ames Atletismo Savante tivo dobre representación, Mayka Jueguen como adestradora da selección galega, e Alan Cadavid que competiu na proba de lanzamento de martelo.

O atleta amesá logrou unha fantástica quinta posición na proba de martelo, mellorando en máis de 4 metros a súa mellor marca anterior. Con este lanzamento Alan aportou un gran número de puntos que contribuíron ao terceiro posto acadado pola selección galega sub 16 na categoría masculina. 

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "Alan Cadavid, do Ames Atletismo, logra a quinta posición en martelo no campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16"

Alan Cadavid, do Ames Atletismo, logra a quinta posición en martelo no campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16

Multimedia

  • Alan Cadavid, do Ames Atletismo, logra a quinta posición en martelo no campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16