Pestanas principais

Aixa Romay estará este venres nas Noites na Terraza do Milladoiro

Venres, 04 de agosto de 2017

[04-08-2017] A finalista do programa televisivo Tú si que vales en 2013, Aixa Romai, estará esta noite a partir das 21:30 horas na terra da churrasquería La Llama, no Milladoiro. O concerto encádrase dentro do programa Noites na Terraza, que conta coa colaboración do Concello de Ames a través da Concellaría de Educación e Cultura.

A solista Aixa Romay é coñecida, fundamentalmente, por ter sido unha das finalistas, en 2013, do programa de televisión Tú si que vales. Porén, a súa carreira musical é ampla: obtivo o primeiro premio na categoría de interpretación do Festival do Landro, en Viveiro, e na categoría de canción inédita do mesmo festival; foi a gañadora do Festival da Canción de Ordes e do Festival da Canción de Padrón; conseguiu o segundo posto no Festival da Canción de Meaño e tamén no de Xallas; foi finalista do casting de Operación Triunfo na súa segunda edición e concursou nos programas La Batalla de Los Coros e El Número Uno.

Este venres, 4 de agosto, Aixa Romay estará na terraza da churrasquería La Llama dentro do ciclo Noites na Terraza. Un ciclo que pretende dinamizar o sector hostaleiro do Milladoiro e animar as noites de verán, co obxectivo de que a veciñanza goce do seu tempo de lecer mentres que escoita actuacións de grupos galegos. O programa conta coa colaboración do Concello de Ames a través da Concellaría de Educación e Cultura.

Oito concertos en dous meses
O ciclo Noites na Terraza comezou o pasado 10 de xuño e remata este venres, 4 de agosto. Ao longo destas semanas pasaron polas terrazas do Milladoiro os grupos Club Naval, Nueva Era, Banda de Nash, o Dúo Calú, Versus, Soul & Roll, Ángel América e, finalmente, Aixa Romay.


Contido relacionado


Ames Go: "Aixa Romay nas Noites na Terraza no Milladoiro"