Pestanas principais

Aínda quedan prazas libres para participar no curso de encaixe de palillos de Bertamiráns e do Milladoiro

Venres, 28 de outubro de 2011

[28-10-2011] Todos os luns e martes os palillos enchen as Casas de Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns. A Asociación Taller de Encaixes de Ames, en colaboración co Concello de Ames, volveu pór en marcha un curso de encaixe de palillos onde todos e todas as asistentes poden coñecer as diferentes técnicas desta arte da decoración. Esta actividade realízase todos os luns na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 16:30 h a 18:30 h, e todos os martes, das 16:30 h ás 18:00 h, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Dende a Asociación Taller de Encaixes de Ames animan a veciñanza amiense a que se inscriba neste curso xa que aínda quedan prazas libres. En Bertamiráns hai 10 prazas dispoñibles mentres que no Milladoiro son 3 as prazas que quedan sen cubrir. O custo da actividade é de 15 euros ao mes. As inscricións pódense realizar chamando aos números de teléfono 666 874 744 (Margarita Vila) ou 627 791 061 (Ana García) ou pasando polas aulas onde se imparte a actividade. Tamén se pode enviar un correo electrónico a tallerdeencajes@gmail.com. Este curso comezou a principios de outubro e desenvolverase ata o mes de maio.