Pestanas principais

Aínda quedan prazas libres para participar no curso de encaixe de palillos de Bertamiráns e do Milladoiro

Sábado, 29 de outubro de 2011

[29-10-2011] Todos os luns e martes os palillos enchen as Casas de Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns. A Asociación Taller de Encaixes de Ames, en colaboración co Concello de Ames, volveu pór en marcha un curso de encaixe de palillos onde todos e todas as asistentes poden coñecer as diferentes técnicas desta arte da decoración. Esta actividade realízase todos os luns na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 16:30 h a 18:30 h, e todos os martes, das 16:30 h ás 18:00 h, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Dende a Asociación Taller de Encaixes de Ames animan a veciñanza amiense a que se inscriba neste curso xa que aínda quedan prazas libres. En Bertamiráns hai 10 prazas dispoñibles mentres que no Milladoiro son 3 as prazas que quedan sen cubrir. O custo da actividade é de 15 euros ao mes. As inscricións pódense realizar chamando aos números de teléfono 666 874 744 (Margarita Vila) ou 627 791 061 (Ana García) ou pasando polas aulas onde se imparte a actividade. Tamén se pode enviar un correo electrónico a tallerdeencajes@gmail.com. Este curso comezou a principios de outubro e desenvolverase ata o mes de maio.

A principios do mes de outubro comezou o obradoiro de encaixe de palillos que oferta a Asociación Taller de Encaixes de Ames en colaboración co Concello de Ames. Este taller ofrece ás persoas asistentes unha formación moi personalizado polo que o número de prazas é limitado. Dende a Asociación Taller de Encaixes de Ames animan a veciñanza amiense a que se inscriba neste curso xa que aínda quedan prazas libres. En Bertamiráns hai 10 prazas dispoñibles mentres que no Milladoiro son 3 as prazas que quedan sen cubrir. A través deste obradoiro os e as participantes poden coñecer ou perfeccionar as súas habilidades no mundo do encaixe.

Dende outubro e ata maio, os e as participantes poden adquirir coñecementos e técnicas relacionados con esta arte de decoración. As clases desenvólvense en dous grupos en función do nivel técnico do alumnado: un grupo de principiantes e outro máis avanzado. Dependendo do seu nivel e dos seus obxectivos, as mestras Margarita Vila e Ana García, atenden individualmente os seus alumnos e alumnas. A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este obradoiro os luns, en horario de 16.30 h a 18.30 h, mentres que a Casa da Cultura de Bertamiráns conta con este taller os martes, das 16.30 h ás 18.30 h.

A importancia do contraste e das cores supón a liña fundamental deste obradoiro tradicional. "Encaixa as túas cores" é o lema escollido pola asociación para resumir as tarefas específicas dos e das participantes no taller que, deste xeito, supón unha ruptura coa tradicional peza branca e unha innovadora confección en cores. Encaixe de esqueleto, encaixe de puntas con cordóns, encaixe de guipur e o encaixe con torchóns converterán as e os asistentes en verdadeiros artistas do encaixe de palillos.

Aquelas persoas que queiran asistir a este obradoiro deberán inscribirse chamando ao teléfono da mestra Margarita Vila, o 666 874 744, ou ao da profesora Ana García, o 627 792 061. A inscrición tamén poderá facerse asistindo en persoa as aulas onde se está impartindo este curso (nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro) ou vía electrónica enviando a solicitude no correo tallerdeencajes@gmail.com