Pestanas principais

Aínda hai prazas dispoñibles para o obradoiro de iniciación ao procesador de textos LibreOffice Writer da Aula de Informática do Milladoiro

Martes, 10 de outubro de 2017

[10-10-2017] Neste curso, as persoas participantes aprenderán a realizar, entre outras cousas, cartas, cartaces, diplomas, táboas e galerías de Fontwork, así como a engadir imaxes e autoformas e a formatar un parágrafo ou unha páxina. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, o curso desenvolverase os días 16, 18, 23 e 25 de outubro, en dúas quendas (de 10:00h a 11:30h ou de 18:00h a 19:30 horas).

As inscrición poderanse facer, presencialmente, en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00h a 20:00 horas, e os venres de 9:30h a 13:30 horas; así como enviando un correo ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, coa solicitude de inscrición cuberta e asinada. Calquera persoa que desexe máis información pode obtela directamente na Aula de Informática, enviando un correo ao anterior enderezo ou chamando ao teléfono 981 535 940.