Pestanas principais

Aínda estás a tempo de apuntarte na I Andaina pola senda verde ata o día 22 de setembro

Luns, 19 de setembro de 2011

[19-09-2011] O Concello de Ames organiza o próximo día 25 de setembro a I Andaina pola senda verde que une Bertamiráns e O Milladoiro a través de vellos camiños e novas pistas forestais que, nun traxecto de 12 quilómetros, percorren zonas con valor patrimonial e paisaxístico. Todas aquelas persoas que desexen participar na I Andaina de Ames poden inscribirse ata o vindeiro 22 de setembro no Pazo da Peregrina na Concellería de Deportes, no teléfono 981 884 991 ou no enderezo de correo electrónico administracion.cultura@concellodeames.org. A saída está prevista para as 10.00 horas dende o parque infantil de Ventín e prevese chegar á Praza do Concello en Bertamiráns entre as 13:30 h. e as 14:00 horas. Na Andaina participarán dúas técnicos do Concello, unha do departamento de Medio Ambiente e outra do departamento de Turismo que darán explicacións sobre o que se vai vendo.

Todas aquelas persoas que desexen participar na I Andaina de Ames poden inscribirse ata o vindeiro 22 de setembro no Pazo da Peregrina na Concellería de Deportes, no teléfono 981 884 991 ou no enderezo de correo electrónico administracion.cultura@concellodeames.org. Na Andaina participarán dúas técnicos do Concello que darán diversas explicacións sobre o que se vai vendo pola senda. Ás 10:00 horas, antes de comezar a camiñar, darase unha breve explicación da ruta e os diferentes elementos paisaxísticos, ambientais e culturais da zona. Logo faranse varias paradas de curta duración ao longo do camiño nas que se explicarán temas como a relevancia que teñen en Galicia cultivos coma o do millo e a pataca, a lei de incendios, a xestión sostible do monte, a formación e características do Val da Maía, a Carballeira das Cortes, as Brañas da Devesa, "O Compostelán", que é a primeira liña ferroviaria de Galicia entre Cornes e Carril ou a Igrexa de Bugallido entre outros.

A senda verde

A saída está prevista para as 10:00 horas dende o parque infantil de Ventín e prevese chegar á Praza do Concello en Bertamiráns entre as 13:30 h. e as 14:00 horas. Esta andaina terá unha dificultade media e está dirixida ás persoas que lles guste camiñar e gozar da natureza. Recoméndase levar auga, calzado cómodo e algo para comer. Arredor das 12:00 horas farase unha parada de descanso no campo da festa de Bugallido para repoñer forzas e ir aos aseos. A intención do Concello de Ames con esta iniciativa é valorizar o itinerario cultural e ambiental da ruta e da zona co obxectivo de que a xente a coñeza mellor. Ademais, o Concello ten a intención de que a Andaina se converta nunha cita anual para todos aqueles que desexen participar. A iniciativa de organizar a I Andaina parte da concellería de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade, que dirixe Eugenia Martín Vicente e conta coa colaboración doutras concellerías.