Pestanas principais

A Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames colabora no servizo de canceira e lacería

Sábado, 16 de decembro de 2017

[16-12-2017] A agrupación de Protección Civil está colaborando no servizo de canceira e lacería, que ofrece o Concello de Ames, a través do Refuxio de animais de Cambados. A novidade radica en que son os voluntarios e voluntarias de dita agrupación os que recollen os animais abandonados nas rúas dos núcleos urbanos e nas zonas rurais, para de seguido, trasladalos a un local municipal de tránsito. Alí son recollidos polo persoal do Refuxio de animais de Cambados. Proximamente o goberno municipal abrirá un proceso de licitación negociado para adxudicar dito servizo. Esta iniciativa xorde do traballo conxunto realizado polas Concellarías de Medio Ambiente e de Servizos Básicos.

Na actualidade o servizo de recollida de animais abandonados é prestado polo persoal do Refuxio de animais de Cambados. O goberno municipal está traballando para licitar un novo contrato do servizo de recollida de animais abandonados. Deste xeito, proximamente abrirase un proceso de licitación negociado para adxudicar dito servizo. Dende a finalización do contrato coa anterior empresa que prestaba este servizo, o Concello aposta por un servizo que ofrece o nivel 0 de sacrificio de animais e por un sistema complementario de adopción con campañas de sensibilización.

Agora, súmase aos traballos que realiza a Agrupación de voluntarios/as de Protección Civil do Concello de Ames a colaboración con dito servizo. A novidade radica en que son os voluntarios e voluntarias de dita agrupación os que recollen os animais abandonados nas rúas dos núcleos urbanos e nas zonas rurais, para de seguido, trasladalos a un local municipal de tránsito. Alí son recollidos polo persoal do Refuxio de animais de Cambados. Proximamente o goberno municipal abrirá un proceso de licitación negociado para adxudicar dito servizo.

Ademais, cómpre lembrar que o Concello de Ames vén de adherirse ao plan de control da avespa velutina que desenvolve a Consellería de Medio Rural. Deste xeito, facilitaráselle ao persoal da Agrupación de Protección Civil a formación necesaria para realizar traballos de retirada de niños de avespas velutinas, así como dous equipo de protección individual e unha pértega e elementos accesorios co obxectivo de executar ditos traballos. Nestes traballos participarán 6 voluntarios/as, que serán divididos en dous grupos de tres persoas. Calquera persoa que detecte un niño destas avespas pode comunicalo aos teléfonos 012 ou 112.