[08-08-2014] A parroquia de Agrón celebrará os días 10, 11 e 12 de agosto as festas na honra de San Lourenzo, unha festividade que se organiza cada ano nesta parroquia amiense. Desde o domingo ata o martes, haberá actos relixiosos e tres xornadas de música, baile e diversión. A música correrá a cargo das orquestras Foliada, Fania Blanco Show e Armonía Show, así como da discomovil Traffic, do dúo Master e do trío Unión y Fuerza. Tamén actuará o grupo de gaitas Os Castros. Os actos relixiosos serán ás 13:00 horas.
Un ano máis a Asociación Cultural - Comisión de festas de San Lourenzo de Agrón, en colaboración co Concello de Ames, é a encargada de organizar as festas desta parroquia amiense. As celebracións en Agrón comezarán o domingo, 10 de agosto, na honra San Lourenzo. Haberá misa solemne ás 13:00 horas, e tralos actos relixiosos, actuarán na sesión sesión vermú o grupo de gaitas Os Castros e a orquestra Foliada, que repetirá á noite na verbena, acompañada da discomovil Traffic.
O luns 11 de agosto, día no que se celebra a festividade do Santísimo Sacramento, a festa comezará cunha misa solemne que se celebrará ás 13:00 horas. Tralos actos relixiosos realizarase a sesión vermú, que estará amenizada polo dúo Master. Xa pola noite haberá unha gran verbena na que actuarán a orquestra Fania Blanco Show e o dúo Master.
O último día das festas será o martes, 12 de agosto. Nesta xornada honrarase a San Roque. O primeiro acto do día será unha misa solemne que se celebrará ás 13:00 horas. A continuación desenvolverase a sesión vermú na que actuará o trío Unión y Fuerza. As festas de Agrón rematan pola noite cunha gran verbena a cargo da orquestra Armonía Show e do trío Unión y Fuerza.




