Pestanas principais

A AECC pon en marcha en Ames un programa semanal para deixar de fumar

Mércores, 04 de marzo de 2020

A delegación da Asociación Española contra o Cancro en Ames organiza un programa semanal para deixar de fumar. Este, que dará comezo o próximo luns 9 de marzo ás 19.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, desenvolverase todos os luns, en horario de 19.30 a 21.00 horas, durante cinco sesións. O programa está aberto para toda a veciñanza amesá que queira deixar de fumar. Dende o Concello apóianse este tipo de iniciativas que se organizan en colaboración coa AECC.

Nos últimos anos o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, xa puxo en marcha varias campañas deste tipo en colaboración coa AECC. Unha vez máis o Concello colabora coa Asociación Española Contra o Cancro nesta iniciativa que está dirixida a toda a veciñanza amesá que queira deixar de fumar.

O programa “Esfúmate del Tabaco” abarca un sistema gradual para deixar de fumar. Nun formato de grupo, tratará de maneira gradual que os asistentes abandonen a súa adicción polo tabaco. Ademais, nas últimas sesións do programa, unha vez que o consumo se reduza por completo, tratarase a prevención de posibles recaídas. Esta iniciativa, que será impartida pola profesional Lucía Álvarez, ten unha taxa de éxito do 60%.

Para participar, pódese chamar aos teléfonos 981 576 479 / 658 923 183 ou enviar un correo electrónico a lucia.alvarez@aecc.es. É preciso facelo porque para participar nesta iniciativa débese realizar antes unha pequena entrevista persoal, que tratará sobre os hábitos tabaqueiros que ten a persoa que solicita participar no programa.

O tabaco é o causante da morte de máis de 650.00 persoas cada ano na Unión Europea, e de 50.000 en España, das cales 3.000 son fumadores pasivos. Ademais, 1 de cada 6 consumidores de tabaco falece entre os 35 e os 69 anos. Cada ano, máis de 2.000 falecidos débense ao cancro de pulmón, sen esquecer que fumar cigarros causa polo menos o 30% de todas as mortes de cancro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Arrancan este luns 9 no Milladoiro cinco sesións para deixar de fumar"

Compostela 24 horas: "A AECC pon en marcha en Ames un programa semanal para deixar de fumar"

Cartel AECC deixar de fumar

Multimedia

  • Cartel AECC Deixar de fumar