Pestanas principais

Adxudícase a realización das obras de pavimentación da estrada de acceso ao cemiterio municipal por un importe de 24.971 euros

Venres, 13 de marzo de 2020

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do expediente de licitación das obras de pavimentación do viario de acceso ao cemiterio municipal. Deste xeito, vaise a mellorar o pavimento da estrada que vai dende a rotonda de Aldea Nova ata a entrada do cemiterio municipal. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos SL por un importe de 24.971,96 euros. Esta obra encóntrase incluída no Plan Único de Concellos POS+2019, a través do cal se executarán 13 proxectos.

Os traballos, cunha lonxitude de 330 metros e 6,00 metros de ancho, pretenden a mellora da capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e previo emprego de dez centímetros de saburra, dez de grava e un tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación do ancho da superficie pavimentada a ambos lados, de 0,50 metros a cada lado, dentro da plataforma actual do camiño, nunha lonxitude de 240 metros.

Desta maneira, preténdese a pavimentación dun sobreancho de 60 metros de lonxitude e 2,60 metros de ancho, con dez centímetros de saburra e dez de formigón, incluso mallazo e xuntas de dilatación, previo acondicionamento, nivelación e rasenteo da explanación.

Completarán a obra a limpeza de gabias e salvagabias, e a execución de 60 metros de cuneta revestida de formigón, para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “se trata dunha actuación incluída dentro dos proxectos financiados con cargo ao POS+ 2019. Estes traballos están recollidos nun plan máis amplo que contempla ir mellorando os camiños interiores das aldeas do rural amesán, que se irán facendo con cargo a fondos municipais e da Deputación da Coruña. Nesta caso trátase de mellorar a estrada que dá acceso a un servizo municipal como é o cemiterio”.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Adxudícase a realización das obras de pavimentación da estrada de acceso ao cemiterio municipal por un importe de 24.971 euros"

El Correo Gallego: "Ames va a renovar el vial que da acceso alcementerio municipal"

Acceso cemiterio municipal

Multimedia

  • Acceso cemiterio municipal