- Tematica
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 25 de xuño a adxudicación das obras de pavimentación de camiños peonís en Aldea Nova, pertencente á parroquia de Ortoño. Dito proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 175.536,15 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á primeira fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación e mellora dos camiños peonís interiores existentes na urbanización Aldea Nova, pertencente á parroquia de Ortoño. O proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 175.536,15 euros (IVE incluído).
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “continuamos coa adxudicación das obras incluídas no POS+ Adicional de 2025. Neste caso vaise mellorar o pavimentos dos camiños interiores da urbanización de Aldea Nova. Ademais, cómpre lembrar que en 2023 executouse a mellora da pavimentación dos viarios interiores da urbanización Aldea Nova, sufragado a través do Plan Ames Progresa 2021-2023. Neste dous proxecto investiranse preto de 400.000 euros”.
Actuacións previstas no proxecto
A través de dito proxecto está previsto a pavimentación e mellora dos camiños peonís interiores existentes na urbanización Aldea Nova con 15 centímetros de formigón con mallazo, previa apertura de caixa e extensión de 10 centímetros de zahorra. Para a recollida das augas pluviais nestes camiños prevese a colocación de reixas de formigón polímero con reixa de fundición e a canalización de tubo de PP corrugado de 250 milímetros, previa escavación de gabia, coa correspondente conexión á rede existente.
Ademais, contémplase a reparación das escaleiras existentes entre as rúas Ribeira e Salgueiroas mediante a colocación dunha nova varanda con pasamáns ancorada sobre zuncho de formigón armado, cunhas dimensións de 10x15 centímetros, previa a demolición dos petos de bloque existentes e a retirada de enreixados. Tamén se prevé a limpeza dos paramentos das escaleiras e a súa reparación superficial.










