- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de pavimentación do viario de Capeáns a Pousada, que discorre dende a parroquia de Covas ata a de Ames. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Cosmalca SL por un importe de 90.100 euros. Este proxecto, que se sufraga con cargo ao POS+ 2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais. Esta é unha das cinco actuacións que o Concello de Ames sufragará a través da Achega provincial de 2024 do POS+ 2025 que está dotada de 747.709,95 euros. A través de dito proxecto vaise mellorar a capa de rodaxe de dito viario que conta cunha lonxitude de 940 metros e 4 metros de ancho, así como 100 metros cadrados de abanicos e sobreanchos.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación do viario de Capeáns a Pousada, que vai da parroquia de Covas ata a de Ames. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Cosmalca SL por un importe de 90.100 euros.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este proxecto forma parte do POS+ 2025. No POS principal inclúese a execución de seis proxectos por valor de 1.073.870 euros. Neste caso vaise a executar un proxecto que recolle a mellora da capa de rodaxe do viario que vai de Capeáns ata Pousada e que conta cunha lonxitude de preto dun quilómetro. É importante o mantemento e acondicionamento das rúas urbanas e dos camiños do rural”.
Actuacións previstas no proxecto
As actuacións proxectadas teñen por obxecto a mellora da capa de rodaxe de dito viario que conta cunha lonxitude de 940 metros e 4 metros de ancho, así como 100 metros cadrados de abanicos e sobreanchos. Para elo aplicaranse 5 centímetros de mestura bituminosa en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochas e perfilado de mordentes con 10 centímetros de grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Contémplase tamén a pavimentación dun ramal de 240 metros de lonxitude, dividido en dous treitos de 4 e 3,25 metros e un abanico de 70 metros cadrados de superficie, con 5 centímetros de mestura bituminosa en quente en toda a plataforma, previa extensión de 15 centímetros de grava con tratamento asfáltico semiprofundo e previo acondicionamento da explanación.
Ademais, prevese a pavimentación de tres ramais de 60, 80 e 20 metros de lonxitude, con anchos medios de 4,30, 5,00 e 3,00 con 5 centímetros de mestura bituminosa en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochas con grava e tratamento semiprofundo e previa realización de fresados puntuais necesarios, ademais da apertura de caixa nunha lonxitude de 30 metros e 4,30 metros de ancho e a execución dun paquete de firme formado por 20 centímetros de zahorra e 15 centímetros de grava con tratamento asfáltico semiprofundo.
Finalmente contémplase a limpeza de gabias con recuperación da sección hidráulica e perfilado de noiros, a limpeza de bordos e a correspondente sinalización horizontal e vertical do viario.










