Pestanas principais

Adxudícanse as obras de pavimentación da rúa Pedregal por 170.000 euros

Luns, 08 de xaneiro de 2024

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación da rúa Pedregal, en Bertamiráns. O proxecto, incluído dentro do plan Ames Progresa 2021-2023, foi adxudicado á empresa Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa SL por un importe de 171.016,12 euros.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 21 de decembro a adxudicación das obras de pavimentación da rúa Pedregal, no núcleo urbano de Bertamiráns, á empresa Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa SL, por un importe de 171.016,12 euros (IVE incluído).  O que se busca con este proxecto é reordenar o tráfico rodado e renovar por completo a pavimentación da rúa.

Así, con estas obras a rúa pasará a contar cun só sentido de circulación cara a avenida da Maía, e o espazo sobrante da calzada empregarase para prazas de aparcamento en oblicuo, en substitución do actual aparcamento en liña da marxe esquerda. Tamén se procederá ó fresado de 5 cm do aglomerado actual da calzada, á demolición da beirarrúa e do bordo existentes. Ademais, na plataforma viaria disporase unha nova capa de rodaxe composta por 6 cm de mestura bituminosa en quente.

O pavimento das beirarrúas estará formado por unha capa de regularización de zahorra de 5cm de espesor medio e baldosa de formigón vibrado de dimensións 60x40 cm. e acabado granallado, sobre 10 cm de formigón HM – 20. Contará cun bordo prefabricado de formigón no contacto co estacionamento.

Os vaos para vehículos ó seu paso polas beirarrúas, resolveranse cun pavimento de 20 cm de formigón impreso con malla electrosoldada e fibra de nailon son unha capa de 10 cm de zahorra. O acabado superficial impreso simulará o corte da baldosa granallada.

Nos pasos de peóns disporase pavimento táctil direccional e de botóns, segundo o disposto na normativa de accesibilidade vixente.
Tamén se completa a renovación completa da sinalización horizontal. Neste apartado tamén se inclúe un novo cebreado na avenida da Maía para anular o carril central de espera que permitía o acceso á rúa Pedregal.

As actuacións completaranse co traslado dunha farola e a canalización completa da rede alumeado público.

Novas relacionadas:

Lindeiros: "Ames adxudica a pavimentación da rúa Pedregal"

Ames Go: "Axudicada a pavimentación da rúa Pedregal"

Adxudícanse as obras de pavimentación da rúa Pedregal por 170.000 euros

Multimedia

  • Adxudícanse as obras de pavimentación da rúa Pedregal por 170.000 euros
  • Adxudícanse as obras de pavimentación da rúa Pedregal por 170.000 euros
  • Adxudícanse as obras de pavimentación da rúa Pedregal por 170.000 euros
  • Adxudícanse as obras de pavimentación da rúa Pedregal por 170.000 euros