Pestanas principais

Adxudícanse as obras de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras por un importe de 65.574 euros

Xoves, 24 de setembro de 2026

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación dos proxectos incluídos no plan de camiños rurais 2026-2027. Trátase de tres obras para a mellora dos viarios de acceso aos lugares de Firmistáns, Gasamáns e Pedras. Ditas actuacións foron adxudicadas á empresa Cosmalca SL por un importe de 65.574,99 euros. As achegas do plan de camiños rurais da Consellería do Medio Rural están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España. 

O Concello de Ames, a través do plan de camiños rurais para o período 2026-2027, vai executar tres actuacións para a mellora dos viarios de acceso aos lugares de Firmistáns, Gasamáns e Pedras. Ditas actuacións foron adxudicadas á empresa Cosmalca SL por un importe de 65.574,99 euros.

O proxecto foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do pasado mes de xuño. O importe máximo da subvención que lle corresponde ao Concello de Ames ascende a 54.446 euros sen IVE. O devandito plan non financia a parte correspondente ao IVE (o cal debe ser financiado polo Concello de Ames).

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a finalidade deste plan é a execución de obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade ás explotacións agrarias e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal. Nesta convocatoria 2026-2027 o Concello de Ames vai investir máis de 60.000 euros na mellora de tres camiños rurais”. 

Mellora do camiño de acceso a Firmistáns
No lugar de Firmistáns, pertencente á parroquia de Bugallido, vaise actuar nun camiño de 845 metros de lonxitude, dividido en dous treitos de 195x3,50 e 650x3,85 metros e 100 metros cadrados de abanicos. A través desta actuación vanse limpar as gabias de ambas marxes do viario e mellorar a capa de rodaxe. Aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 5% da superficie con pedra 32/63 milímetros e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente colocarase unha sinal de stop. 

Mellora do camiño de acceso a Gasamáns
Por outra banda, no camiño de acceso a Gasamáns, na parroquia de Agrón, vaise actuar nun viario de 810 metros de lonxitude, 3,25 metros de ancho e 30 metros cadrados de abanicos. Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe. Aplicarase 5 centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 5% da superficie con pedra 32/63 milímetros e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente realizarase a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos e colocarase unha sinal de stop.

Mellora do camiño de acceso a Pedras
Neste caso actuarase no camiño de acceso ao lugar de Pedras, na parroquia de Ames. As obras executaranse nun viario de 130 metros de lonxitude, dividido en dous treitos de 110x3,50 e 20x3,00 metros e 50 metros cadrados de abanicos. Procederase á limpeza de gabias en ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe. Aplicaranse 6 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 15% da superficie con pedra 32/63 milímetros e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente realizarase 16 metros de cuneta de formigón, a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos e colocarase unha sinal de stop.

Adxudícanse as obras de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras por un importe de 65.574 euros

Multimedia

  • Adxudícanse as obras de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras por un importe de 65.574 euros
  • Adxudícanse as obras de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras por un importe de 65.574 euros
  • Adxudícanse as obras de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras por un importe de 65.574 euros
  • Adxudícanse as obras de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras por un importe de 65.574 euros
  • Adxudícanse as obras de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras por un importe de 65.574 euros