[12-08-2016] Esta semana a Xunta de Goberno Local adxudicou tres obras relativas á mellora de camiños en varias aldeas da parroquia de Trasmonte. Este proxecto está incluído no Plan de aforro e investimento (PAI) 2015 da Deputación Provincial da Coruña. As obras adxudicadas son a reparación de interiores no lugar de O Reino; a reparación do camiños que une as aldeas de Trasmonte e Suevos; e maila reparación do camiño da aldea de Salgueiro. Estas actuacións foron adxudicadas á empresa Construcciones Ponciano Nieto SL por un importe de 46.471 euros. Ademais aprobáronse a reparacións doutros dous camiños: o que une Cobas e Casas do Monte e o tramo que discorre entre Calo de Agrón e a Garea.
Na obra de reparación do camiño interior da aldea do Reino actuarase nunha zona que está dividida en oito treitos de 120x3,00; 90x3,00; 85x4,00; 10x3,00; 20x5,50; 30x3,00; 35x3,50; e 30x4,00 metros, así como en 75 metros cadrados de sobreanchos. A través destes traballos vaise mellorar o firme de dito camiño. Primeiro desfarase o pavimento existente e acondicionarase o terreo para ,deseguido, aplicar dez centímetros de formigón (o que inclúe a colocación dunha malla e de xuntas de dilatación). Ademais, nos treitos de 35x3,50 e 30x4,00 metros aplicaranse dez centímetros de zahorra antes de botar o formigón.
No camiño que une as aldeas de Trasmonte e Suevos realizaranse traballos de mellora do firme nun tramo de 750 metros de lonxitude e 4 metros de ancho, así como 200 metros cadrados de sobreanchos. Deste xeito, mellorarase a capa de rodaxe de dito viario coa aplicación dun tratamento asfáltico superficial e un rego de selado en toda a plataforma. Previamente, haberá que reparar as fochancas existentes e perfilar as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e maila limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
A reparación do camiño que discorre polo lugar de Salgueiro executarase en dous treitos de 420x4,00 e 250x3,50 metros. A través desta actuación vaise mellorar a capa de rodaxe cun tratamento asfáltico superficial e cun rego de selado en toda a plataforma. Neste caso tamén haberá que reparar as fochancas existentes e perfilar as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Ademais, neste mesmo camiño vaise actuar noutros tres treitos de 40x3,00; 60x4,00; e 50x3,00 metros aplicando dez centímetros de formigón (incluído a colocación dunha malla e xuntas de dilatación), previa demolición do pavimento existente. Finalmente, contémplase a apertura de gabias, a limpeza de salvagabias, a canalización de 6 metros de taxea de formigón de 40 centímetros de diámetro e maila execución de 60 metros de gabia revestida de formigón para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
Obras de mellora nos camiños que unen Calo de Agrón e a Garea e Cobas e Casas do Monte A maiores das xa citadas intervencións a Xunta de Goberno Local tamén aprobou a adxudicación das obras de reparación de dous camiños: o que une A Garea con Calo de Agrón e un segundo que conecta Cobas e Casas do Monte. En ambos procederase á limpeza das gabias e á mellora da capa de rodaxe.
A reparación do camiño que discorre entre a Garea e Calo de Agrón comprenderá un tramo de 1780x4,00 metros. Trala reparación das fochancas aplicarase un tratamento asfáltico semiprofundo, que incluirá a ampliación da superficie pavimentada. Completan esta obra unha canalización de formigón, a execución de dúas desembocaduras e a colocación dunha sinal de Stop.
O tramo do camiño que une Cobas e Casas do Monte no que se realizarán as tarefas de reparación comprende dous treitos, un de 625x3,50 metros e outro de 510x3,50 metros. Ademais da limpeza das gabias aplicarase un tratamento asfáltico superficial e unha rega de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes.
Ambas obras inclúense nun plan de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias, cuxa finalidade é facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias amesás. Ambas obras teñen un custe total de 75.545,55 euros.
Contido relacionado
La Voz de Galicia:"Ames destina 84.500 a pintar las señales del área urbana"
El Correo Gallego:"Mejoras para las carreteras de Trasmonte, Cobas y Agrón"




