Pestanas principais

ADIF, veciños, concello de Ames e Santiago buscarán alterativas ao trazado actual da liña eléctrica soterrada de Coira

Xoves, 18 de setembro de 2014

[18-09-2014] Na reunión mantida onte na Subdelegación do Goberno en A Coruña entre os veciños e veciñas de Coira, representantes de ADIF e dos Concellos de Santiago e Ames primou a busca común de solucións ao trazado da liña eléctrica subterránea. A reunión transcorreu nun ambiente de cordialidade e chegouse ao compromiso de buscar unha alternativa ó trazado actual que sexa viable. Hoxe terá lugar unha nova reunión na zona afectada, entre representantes dos veciños, do ADIF e dos Concellos de Ames e Santiago de Compostela.

A reunión que tivo lugar no día de hoxe na sede da Subdelegación do Goberno en A Coruña pode calificarse de satisfactoria. A esta xuntanza asistiron, o Subdelegado do Goberno, Jorge Atán, o Alcalde de Ames, Santiago Amor, técnicos de ADIF, representantes dos veciños de Coira e un representante do Concello de Santiago. A reunión discorreu no marco dun ambiente cordial, no que primou a busca común de solucións ao trazado da liña eléctrica subterránea que esta proxectada atravesando a aldea de Coira.

Tanto os veciños de Coira, coma os Concellos de Ames e Santiago e o ADIF saíron co compromiso de buscar unha alternativa ao trazado actual que atravesa a aldea. Así, os representantes de ADIF amosaron a súa mellor intención de colaborar e buscar unha solución consensuada, que sexa técnica e economicamente viable. De cara a buscar esta solución, no día de hoxe terá lugar unha nova reunión na zona afectada, entre representantes dos veciños, do ADIF e dos Concellos de Ames e Santiago de Compostela.

O Alcalde amiense, Santiago Amor, agradeceu a dispoñibilidade de todas as partes para buscar un acordo satisfactorio para todos. Coa reunión mantida no día de onte, deuse cumprimento ao compromiso feito polo Alcalde o pasado venres 5 de setembro, para mediar entre as partes e acadar un acordo satisfactorio.


Contido relacionado


ADIF buscará un trazado que aleje de Coira la línea de alta tensión
Adif estudiará otro trazado para que su línea no invada Coira