[12-02-2016] Dende o Departamento de Medio Ambiente infórmase de que o obradoiro de iniciación á cestería de colmo programado para o día de mañá, sábado 13 de febreiro, suspenderase até determinar unha nova data para levalo a cabo. Si se manteñen, na hora e data previstas, as restantes actividades que a Aula da Natureza ofrece dentro dun bloque adicado á cestería. O sábado 20 de febreiro, ás 10:30 horas, terá lugar unha saída de campo en busca de materiais cesteables que se prolongará até as 13:30 horas. Na tarde do mesmo día comezará outra actividade na que se comezará a elaboración dos cestos de colmo, que continuará durante a mañá e a tarde do domingo 21 de febreiro. As actividades da Aula da Natureza son gratuítas, pero lémbrase que para participar nelas é necesaria a inscrición previa. Esta pódese realizar chamando ao 660004665 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. O Departamento de Medio Ambiente procurará que a nova data do obradoiro de iniciación á cestería de colmo sexa consensuado con aqueles e aquelas que estean interesados na actividade.




