Pestanas principais

A actualización e a utilidade dos contidos publicados foron os aspectos máis valorados na enquisa sobre a páxina web municipal

Xoves, 28 de xaneiro de 2021

A totalidade de veciños e veciñas de Ames que responderon á enquisa sobre a web municipal, afirmaron coñecer a páxina do Concello de Ames. O 45% dos enquisados accede semanalmente a ela  e o 27%, diariamente. 25 dos participantes declárase satisfeitos a niveis xerais co sitio concellodeames.gal, mentres que 8, moi satisfeitos. Non obstante, 17 persoas están insatisfeitas coa páxina web. En canto aos apartados,  as seccións de avisos e de actualidade son as máis valoradas. Ademais, a actualización dos contidos publicados e a súa utilidade foron os aspectos cos que a veciñanza está máis satisfeita,199 e 192 puntos cada un, sendo 275 a puntuación máxima que se podería acadar. O 60% dos enquisados consideran a páxina web do Concello a fonte máis veraz.

A última enquisa realizada interpelou á veciñanza sobre a páxina web municipal (o deseño, os contidos, a frecuencia e o destino das visitas, a facilidade de acceso aos distintos apartados e o uso particular que cada usuaria/o fai da páxina web municipal). As dúas primeiras pretendían saber si a veciñanza coñecía a páxina web, todos os usuarios responderon que si, e con que frecuencia accedían a ela. Da totalidade de veciños e veciñas de Ames que responderon á enquisa sobre a web municipal, 25 veciño/as visitan a páxina do Concello cada semana, e 15 todos os días. Ademais, 9 persoas fano de xeito mensual, e 5 cada quince días.

En canto ás preguntas nas que había que puntuar, o sistema consistía en cualificar do 5 ao 1, considerando o 5 a mellor nota e o 1, a peor. Tendo en conta que o número de participantes, a máxima puntuación que se podía acadar é de 275 puntos.

A actualización dos contidos publicados e a súa utilidade foron os aspectos máis valorados, 199 e 192 puntos cada un. 14 persoas valoraron a actualización de contidos cun 5; 19 cun 4; e tan só, 3 cun 1. En canto á eficiencia das publicacións, 11 veciños puntuárona cun 5; 21 cun 4; e só 4 persoas consideraron que era moi mala.

Aspectos da páxina web
Pola contra o aspectos da páxina web do Concello de Ames menos valorado foi o sistema de busca de información, con 141 puntos (só 4 persoas valorárono cun 5 e a maioría, 14 veciños, con un 1). Segundo o modelo de navegación cunha puntuación de 152, posto que a maior parte dos usuarios non a consideran nin clara nin sinxela.

Outros aspectos valorados na enquisa foron a calidade e a variedade dos contidos, ambos conseguiron 188 puntos de 275, o que quere dicir que a maioría da veciñanza está moi satisfeita. Tamén se tivo en conta a posibilidade de comunicación (boletíns, canles e redes sociais), que acatou 177 puntos, 15 persoas puntuárono cun 3, a nota media. Por último, a enquisa interpelaba ao deseño, 169 puntos, o que quere dicir que 18 usuarios, repartidos entre o 5 e o 4, consideran que é atractivo. O acceso aos contidos foi un dos aspectos menos valorados xa que 24 persoas cualificárono con 2 ou 1 punto.

Apartados web
As respostas deron como resultado que o apartado da páxina web municipal con que a veciñanza está máis satisfeita é o de avisos, con 194 puntos, e o de actualidade, con 183. Coincide con ser as dúas seccións máis visitadas xa que, nos dous casos, 51 dos enquisados accedeu a elas no último mes. No caso dos avisos, 28 veciños acudiron entre unha a dez veces; e 13 máis de 20 veces no último mes. En canto ás novas, 16 persoas accederon a ese apartado máis de 20 veces nos últimos 30 días. No terceiro lugar, estaría a axenda cunha valoración de 171 puntos e visitada por 46 persoas no último mes; 31 usuarios/as empregárona de unha a dez veces.

No resto dos apartados a puntuación por parte dos usuarios e usuarias está bastante igualada. Rondan os 160 puntos, por esta orde, as seccións de Sede electrónica, Ames, Transparencia, Trámites, Organización municipal e a Oficina Virtual Tributaria.

Pola contra, co que están máis descontentos os participantes é coa Atención Veciñal e participación xa que 10 persoas valorárona cun 1 conseguindo 152 puntos. Superou, por dúas cifras, á Mediateca, na que tamén unha decena de veciños puxéronlle a mínima nota. O 54% dos enquisados recoñecen que nunca a visitaron.

A sección menos visitada, segundo os participantes na enquisa, é a de Transparencia, xa que só 32 persoas accederon a ela no último mes e só unha persoa máis de 20 veces.

Para que soe a veciñanza empregar a páxina web?
Ademais, só un 40% das persoas que fan uso da páxina web do Concello, emprégaa como canle de suxestións, reclamacións ou queixas. A maioría dos enquisados, 52 persoas, accede a ela para informarse e 32, para realizar consultas.  31 veciños e veciñas  afirman coñecer a oferta de ocio grazas á web municipal e só 24 usuarios, para facer xestións.

A maioría das persoas, 24, utiliza mensualmente a web do Concello para buscar información municipal como ordenanzas, regulamentos ou contratos. 22 dos usuarios fano semanalmente, 5 todos os días e 4 persoas nunca empregan a web con esta función.

Veracidade das publicacións
O 60%, 33 dos 55 dos enquisados, considera que o grao de veracidade da web municipal é alto. Deste xeito, sitúan a páxina do Concello no primeiro posto en canto veracidade seguido da radio municipal (18 persoas consideran que a radio municipal ten un grao de veracidade alto). Só 8 usuarios/as valoran positivamente a veracidade de outras radios e da prensa escrita, e, por último sitúase a televisión.

O 45% dos enquisados está satisfeito coa páxina web municipal e, incluso, 8 persoas consideran que están moi satisfeitas. Pola contra, o 30% non está contento coa web do Concello e 5 veciños e veciñas síntese decepcionado.

Suxestións de mellora
A enquisa tiña como obxectivo recoller as solicitudes de mellora na web municipal sobre o deseño e os contidos. Ademais, deixouse aberta a opción de facer algún comentario adicional onde 7 persoas deixaron suxestións para mellorar este portal.

Destaca a petición de facer unha web máis intuitiva, doada e clara á hora de buscar contidos. Tamén se solicitou potenciar avisos e mellorar a imaxe da axenda, así como que se poidan facer máis trámites a través da web. En canto ao deseño, algún veciño considerouno desproporcionado harmonicamente.

Imaxe da web municipal