Pestanas principais

Actualización das medidas establecidas para a nova normalidade en Galicia (COVID-19)

Venres, 11 de setembro de 2020

O pasado mércores, 9 de setembro, publicouse a Orde do 9 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade na que se dispoñía que:

No caso de actividade física e deportiva en instalacións cubertas, o uso da máscara só quedará exceptuado para a realización de deportes que requiran a utilización de pistas específicas, tales como tenis, pádel, squash ou pistas polideportivas, exclusivamente durante a realización das ditas actividades específicas e sempre que a ocupación máxima da pista se axuste ás regras do xogo ou actividade deportiva e tendo en conta os protocolos aprobados para a dita instalación.

Ademais, con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado e promoverase o seu emprego.

Por outra banda este venres na Orde do 10 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade estableceuse Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno estableceu en canto aos  establecementos de lecer nocturno:

As discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas ao aire libre, para consumo e servizo sentado en mesa, nas condicións establecidas en dita orde.

As terrazas ao aire libre destes establecementos limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Para que os locais de lecer nocturno amesáns poidan proceder a súa apertura deberán cumprir cos requisitos establecidos polo Concello de Ames, e  ter a licenza pertinente a día de hoxe.

Actualización das medidas establecidas para a nova normalidade en Galicia (COVID-19)