Pestanas principais

A actividade do Apego, As aventuras de Mamá Cabra, xa non conta con prazas dispoñibles

Xoves, 26 de abril de 2018

[26-04-2018] O vindeiro venres, 4 de maio, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o contacontos musical, As aventuras de Mamá Cabra. A actividade correrá a cargo de Gloria Mosquera, creadora das cancións do grupo musical Mamá Cabra, quen estará acompañada por Iago Rodríguez ás teclas e á percusión. Esta actividade do programa Apego xa non conta con prazas dispoñibles.