Mércores, 28 de febreiro de 2018
[28-02-2018] Xa non quedan prazas dispoñibles para a actividade “Día de supervivencia. Lume, auga, refuxio...”. As rapazas e rapaces xa inscritos participarán da actividade o sábado, 5 de maio, na Aula da Natureza entre as 12:00h e as 18:00 horas. Dirixido a rapazas e rapaces entre os 6 e os 14 anos, a iniciativa contará con servizo de autobús.
Pódese consultar a programación completa do Concello de Ames para esta primavera na seguinte ligazón http://www.concellodeames.gal/nova.php?idioma=gl¬icia=16260&sec=32




