[05-06-2012] O Concello de Ames informa de varios acordo adoptados nas sesións plenarias do 26 de abril e do 15 de maio de 2012 e que saíron publicados no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 5 de xuño de 2012. Estes acordos fan referencia á modificación da Ordenanza reguladora das tarxetas de estacionamento e accesibilidade do Concello de Ames; á aprobación inicial do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís Municipais do Concello de Ames; á derrogación do Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal A Madalena; e á derrogación do Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal O Bosque. Estes acordos estarán en exposición pública durante 30 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Para o suposto de que non fosen presentadas reclamacións, a aprobación inicial quedará elevada a definitiva de xeito automático. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os anuncios destes acordos.




