Pestanas principais

Achégate ao piragüismo a través da xornada de portas abertas que ten lugar este sábado na praia fluvial de Tapia

Martes, 11 de xuño de 2019

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza este sábado, 15 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:30 horas. Mediante esta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada Achégate ao piragüísmo consistirá nunha sesión de portas abertas á que poderán asistir todas aquelas persoas maiores de 7 anos interesadas nesta actividade, sempre e cando saiban nadar. Para participar nesta actividade gratuíta, que non require inscrición previa, hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas.

Coa chegada do verán, as actividades e deportes acuáticos convértense nunha alternativa óptima e refrescante para divertirse e gozar na natureza. Con este obxectivo, a Concellaría de Deportes organiza, un ano máis, unha xornada de iniciación ao piragüismo este sábado, 15 de xuño, na praia fluvial de Tapia. Durante a mañá, os e as participantes aprenderán a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente.

Así, todas as persoas que desexen iniciarse no deporte do piragüismo poderán participar e gozar desta xornada de portas abertas que se celebra todos os anos. Os únicos requisitos para participar na actividade serán ter máis de 7 anos e saber nadar. Asemade, recoméndase o uso de traxe de baño, camiseta, e chancletas. O Concello de Ames conta coa colaboración do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre, que se encarga de impartir esta actividade, e da Deputación da Coruña.

Ligazóns:

El Correo Gallego: "Xornada de portas abertas na praia fluvial de Tapia"

La Voz de Galicia: "Tapia acogerá el sábado una jornada de iniciación"

Compostela 24 horas: "Piragüismo a través da xornada de portas abertas que ten lugar este sábado na praia fluvial de Tapia"

Lindeiros: "Xornada de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia"

Xornada de iniciación ao piragüismo

Multimedia

  • Cartel da xornada de iniciación ao piragüismo