[27-09-2016] A Concellaría de Educación e Cultura de Ames informa da apertura dun novo prazo de inscrición nas actividades das Escolas Culturais. Unha vez realizado o sorteo público deste luns 26 de setembro, e adxudicadas as prazas, publícase a relación de aquelas actividades de artes plásticas, baile e teatro nas que aínda non se cubriron todas as prazas ofertadas. As persoas interesadas en matricularse teñen ata o 30 de setembro para facelo. As prazas libres cubriranse por rigoroso orde de inscrición. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o relación de prazas libres que quedan por cubrir.
Para máis información pódese acudir aos centros de inscrición, o centro sociocultural do Milladoiro ou o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, chamar por teléfono ao número 981 535 940 ou enviar un correo ao enderezo electrónico cultura.milladoiro@concellodeames.gal.