[28-09-2011] O Concello de Ames abre un novo prazo para inscribirse no obradoiro de baile e musica tradicional que vai dende o 27 ao 30 de setembro. As inscricións poden realizarse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro. As persoas interesadas terán que entregar o recibo de pagamento no momento de inscribirse. Este obradoiro será xestionado pola Asociación Cultural Os Castros. A presentación do curso será o día 1 de outubro no local social de Bugallido, a partir das 10:00 h. da mañá, mentres que o comezo das clases está fixado para o 8 de outubro. As persoas que se inscriban daráselles unha copia cos lugares onde se van impartir as diferentes disciplinas do obradoiro (gaita, pandeireta, percusión, punteiro) e os horarios segundo a idade e o nivel. Estes horarios son a nivel orientativo xa que os niveis definiraos o profesorado unha vez comece o curso.
As actividades culturais ofertadas polo Concello de Ames caracterízanse pola súa diversidade e por estar pensadas para todos os grupos de idade. Así, neste curso 2011- 2012, os e as amienses poderán gozar de seis obradoiros como son o de baile de salón, manualidades, teatro, xadrez, baile e música tradicional. As persoas que estean interesadas en participar neste último obradoiro deben saber que a Concellaría de Cultura abre un novo prazo de inscrición que vai do 27 ao 30 de setembro. As inscricións poden realizarse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 09:00 h. a 14:00 horas.
As persoas interesadas terán que entregar o recibo de pagamento no momento de inscribirse . Daráselle unha copia cos lugares onde se van impartir as diferentes disciplinas do obradoiro (gaita, pandeireta, percusión, punteiro) e os horarios segundo a idade e o nivel (estes horarios son orientativos pois os niveis definiraos o profesorado unha vez que comece o curso). Os números de conta onde se pode facer o ingreso son 2080 0215 41 0040000056 (Nova Caixa Galicia) ou 00306098130870000271 (Banesto).
O pagamento que hai que efectuar é polo obradoiro de baile e música tradicional, podendo asistir a unha ou a varias disciplinas (baile, gaita, pandeireta, percusión, punteiro) dentro do obradoiro e nos lugares que mellor lle veña a cada un segundo o horario. Os menores de 18 anos terán que pagar 40 euros, mentres que os maiores de idade pagarán 50 euros. O segundo membro menor de 18 anos pagará 20 euros e o terceiro e restantes membros menores de 18 anos terán que aboar a cantidade de 10 euros.
A presentación do curso será o día 1 de outubro no local social de Bugallido, a partir das 10:00 h da mañá, mentres que o comezo das clases está fixado para o 8 de outubro. As actividades de gaita e percusión desenvolveranse en Bugallido, Biduído, Trasmonte e Bertamiráns. Mentres que as actividades de baile tradicional impartiranse en Bugallido e no Milladoiro. As persoas que se inscriban daráselles unha copia cos lugares onde se van impartir as diferentes disciplinas do obradoiro (gaita, pandeireta, percusión, punteiro) e os horarios segundo a idade e o nivel. Estes horarios son orientativos xa que os niveis definiraos o profesorado unha vez comece o curso.
As baixas tramitaranse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro. Só se devolverá o importe ás persoas que pagaron a cota no primeiro prazo de inscrición e despois da reunión do día 26 de setembro que non están interesados en participar no obradoiro. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os horario e lugares onde se imparte este obradoiro.




