[17-02-2011] A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de convocar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para 2011. As persoas que precisen esta axuda de 360 euros poden presentar a súa solicitude ata o 28 de marzo no Rexistro de Portelo Único do Concello, na Casa do Concello en Bertamiráns, ou nas oficinas do rexistro Xeral da Xunta de Galicia. O prazo de presentación da solicitude nas dependencias das Oficinas Xerais do Milladoiro rematará o 25 de marzo. Poden solicitalo persoas residentes en Galicia, que convivan cos fillos menores de tres anos á data de 1 de xaneiro de 2011 e que por razón dos seus ingresos no ano 2009 non estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O prazo para presentar solicitudes para a prestación económica por fillos menores de tres anos convocada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia está aberto. Poderán solicitalo aquelas persoas que cumpran unha serie de requisitos. Así, ademais de residir habitualmente en Galicia, deberán convivir con fillos menores de tres anos tendo en conta a data de 1 de xaneiro de 2011 (nacidos entre o 02/01/2008 e o 01/01/2011, ambos os dous días incluídos.). Ademais, en virtude dos ingresos ao longo do ano 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar debeu estar obrigado a presentar a declaración do imposto sobre a rendas das persoas físicas correspondente a este período, nin tela presentado de xeito voluntario. A contía da prestación será de 360 euros por cada fillo ou filla que as persoas beneficiarias teñan ao seu cargo, sen poder acumular prestación en base a un único fillo.
Na presentación da solicitude, ademais do documento formalizado, deberán presentarse unha fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil de cada un dos fillos e fillas menores de tres anos e un certificado de convivencia do solicitante. Ademais, de ser o caso, deberá incluírse unha copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador.
Nos supostos de adopción ou acollemento, deberá entregarse unha copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare. Debe incluírse tamén unha fotocopia da folla da cartilla de aforros na que o figure o número de conta na que se desexa recibir o ingreso e onde debe figurar como titular a persoa solicitante, e no caso de non dispor dunha cartilla de aforros poderá presentar unha certificación bancaria. Ademais do anterior debe presentarse unha declaración do conxunto de todas as axudas solicitades ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública.
As solicitudes poden ser presentadas ata o 28 de marzo de 2011 no Rexistro de Portelo Único do Concello, en Bertamiráns, ou nas oficinas do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela. Tamén poderán presentarse nas Oficinas Xerais do Milladoiro ata o día 25 de marzo.




