Pestanas principais

Ábrese o prazo para solicitar a prestación económica por fillos menores de tres anos

Xoves, 17 de febreiro de 2011

[17-02-2011] A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de convocar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para 2011. As persoas que precisen esta axuda de 360 euros poden presentar a súa solicitude ata o 28 de marzo no Rexistro de Portelo Único do Concello, na Casa do Concello en Bertamiráns, ou nas oficinas do rexistro Xeral da Xunta de Galicia. O prazo de presentación da solicitude nas dependencias das Oficinas Xerais do Milladoiro rematará o 25 de marzo. Poden solicitalo persoas residentes en Galicia, que convivan cos fillos menores de tres anos á data de 1 de xaneiro de 2011 e que por razón dos seus ingresos no ano 2009 non estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio podes descargar o bando coa información desta liña de axudas.