Pestanas principais

Ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos ou fillas menores de 3 anos

Martes, 09 de febreiro de 2016

[09-02-2016] O Concello de Ames informa que, dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vense de convocar a "Prestación económica de pagamento único por fillos ou fillas menores de 3 anos" para o 2016. Os beneficiarios son aquelas familias con fillos ou fillas nados entre o 2 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2016, ambas datas incluídas. O prazo para solicitar a axuda remata o 7 de marzo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a modelo de solicitude (Anexo I) e a autorización da persoa do núcleo familiar non solicitante para a comprobación do cumprimento das súas obrigacións tributarias(Anexo II).

Os requisitos para percibir esta axuda son, por unha banda, que durante o ano 2014, nin a persoa solicitante nin ningunha dos membros que compoñan a unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin que a presentasen de xeito voluntario, a pesar de non estar obrigados. Ademais a famila debe ter a súa residencia habitual en Galicia e débese demostrar a convivencia dos nenos ou nenas coa persoa que solicita a prestación.

Aquelas familias que adoptasen ou acollesen fillos/ou fillas menores de 3 anos, e nas que estes chegase ao fogar familiar entreo o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, percibirán a axuda nun dos tres anos posteriores á data de resolución xudicial ou administrativa que confirme o trámite de adopción ou acollida.

A solicitude de acceso á prestación pódese tramitar tanto nas oficinas do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situadas en San Caetano (Santiago de Compostela), como no Rexistro Portelo Único do Concello, situado nas dependencias do Concello en Bertamiráns. A data límite para entregar a documentación é a mesma en ambos edificios administrativos: o 7 de marzo de 2016.

A documentación que deberá entregar a persoa solicitante inclúe a solicitude formalizada, unha fotocopia do libro de Familia, a certificación de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos ou fillas polos que se solicita a prestación, a copia, de ser o caso, da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e, nos supostos de adopción ou acollemento, a copia da resolución xudicial e administrativa que a declare. Así mesmo deberase entregar a autorización do cónxuxe ou parella, no caso de familias non monoparentais, para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Impresos para a prestación por fillo menor de 3 anos"