Pestanas principais

Ábrese o prazo para solicitar parcelas nas hortas urbanas do Milladoiro

Xoves, 03 de setembro de 2015

[03-09-2015] O Concello de Ames pon a disposición da veciñanza 10 parcelas nas Hortas Urbanas do Milladoiro. O prazo para presentación de solicitudes abrangue do 3 ao 18 de setembro de 2015. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Municipal, tanto nas Oficinas Municipais do Milladoiro, como na casa do Concello en Bertamiráns.Premendo nos enlaces da dereita, baixo o apartado de descargas, pódense descargar o empreso de solicitude, as ordenanzas e a declaración xurada de compromiso de mantemento e coidado.