[05-09-2011] Co fin de poñer en funcionamento o pavillón municipal de Bertamiráns e do Milladoiro para o período comprendido entre o 3 de outubro de 2011 e o 30 de xuño de 2012, ponse en coñecemento dos veciños e veciñas de Ames, que realizan actividades periódicas e que estean interesados no uso destas instalacións, que os impresos de solicitude, ou calquera outra información que requiran, están á súa disposición na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina), de luns a venres das 9:00 ás 14:00 horas. O prazo para solicitar o uso dos pavillóns polideportivos municipais estará aberto entre o 12 e 23 de setembro de 2011. As horas de uso destas instalacións asignaranse por orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. Para obter máis información preme na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas.




