Pestanas principais

Ábrese o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de psicomotricidade educativa e preventiva 2014-2015

Venres, 16 de maio de 2014

[16-05-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación e Servizos Complementarios, acaba de abrir o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de Psicomotricidade Educativa e Preventiva que se vai desenvolver tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Todos os pais e nais que desexen apuntar os seus fillos/as nesta actividade para o vindeiro curso deberán renovar praza ou formalizar a preinscrición entre o 16 e o 24 de maio entregando a documentación que se lle require no Rexistro Xeral da Casa do Concello, no Rexistro das oficinas de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Os nenos e nenas que sexan admitidos terán que formalizar a matrícula entre o día 23 e o 30 de xuño. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición para participar nesta actividade.