Pestanas principais

Ábrese o prazo para realizar a preinscrición no programa de psicomotricidade educativa e preventiva 2012-2013

Venres, 01 de xuño de 2012

[01-06-2012] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos, acaba de abrir o prazo para realizar a preinscrición no programa de Psicomotricidade Educativa e Preventiva que se vai desenvolver tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Todos os pais e nais que desexen apuntar aos seus fillos/as nesta actividade de cara ao vindeiro curso deberán formalizar a preinscrición entre o 1 e o 15 de xuño entregando a documentación que se lle require no Rexistro Xeral do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h. á 14:00 horas. Os nenos e nenas que sexan admitidos terán que formalizar a matrícula do 21 ao 30 de xuño. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición para participar nesta actividade.