[01-03-2011] Dende o día 1 ata o 31 de marzo estará aberto o período de preinscrición e para renovar praza nos servizos complementarios de educación que inclúen a rede de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas. Con estes servizos a Concellaría de Educación pretende conciliar a vida laboral e familiar de todos os pais e nais durante o curso escolar 2011-2012.
Este ano a principal novidade é que hai que realizar a renovación de praza non só no servizo de comedor senón tamén en Bos días cole e Tardes divertidas. Para renovar a praza nos comedores hai que pagar 10 euros en concepto de taxas, mentres que en Bos días cole e Tardes divertidas a renovación é gratuíta. Os usuarios/as que desexen obter praza por primeira vez terán que realizar a correspondente preinscrición.




