[15-10-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, pon a disposición da veciñanza amesá seis parcelas das hortas urbanas de Bertamiráns. Todas as persoas que estean interesadas en optar ao uso dunha destas parcelas terá que presentar a correspondente solicitude por Rexistro nas Oficinas Municipais do Milladoiro ou na Casa do Concello en Bertamiráns. O prazo para presentación de solicitudes estará aberto dende o 13 ata o 30 de outubro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a ordenanza das hortas urbanas. Tamén podes descargar o impreso de solicitude e a declaración de coidado das hortas.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 13 ao 30 de outubro de 2015 debendo presentarse as devanditas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ames. Para iso pódese acudir á oficina de rexistro do Milladoiro ou á Casa do Concello de Bertamiráns.
Os interesados/as deben presentar a instancia na que se solicita a autorización de uso dunha parcela, unha fotocopia cotexada do DNI ou do documento que legalmente o substitúa, 2 fotografías recentes, unha fotocopia cotexada do libro de familia, unha declaración xurada de compromiso de coidado e mantemento da horta, e un informe médico onde se indique que o/a solicitante e/ou os membros da unidade familiar que vaian a cultivar a horta poden realizar tarefas agrícolas sen risco para a súa saúde.




