[06-05-2011] Os nenos e nenas de Ames xa poden matricularse nos campamentos deportivos que ofrece a Deputación da Coruña, a través da Concellaría de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico. Estes campamentos están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos. Para poder apuntarse nesta actividade hai que estar empadroado no concello de Ames. As inscricións faranse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de inscrición xa está aberto e pecharase o día 4 de xuño.
As actividades desenvolveranse entre o 24 e o 30 de xullo no colexio Calvo de Sotelo da Coruña. Ofértanse 16 prazas. No caso de haber máis inscricións que prazas, realizarase un sorteo público o 6 de xuño ás 12:00 horas na Casa do Concello. Terán preferencia os/as nenos/as que non asistiron o ano anterior. Se premes nas ligazóns que hai ao pé desta anuncio poderás descargar a ficha de inscrición.




