[18-05-2012] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, abre este luns 21 de maio o prazo para inscribirse na actividade de rafting que se levará a cabo no Ulla o vindeiro 2 de xuño. Durante esa xornada, os asistentes realizarán un tramo de sete quilómetros comprendidos entre Ponte de Barcala e o Mosteiro dos Franciscanos de Herbón, en Carcacía (Padrón). Para poder participar nesta actividade, que terá un custe de 25 euros, os interesados deberán ter máis de 16 anos e saber nadar. As solicitudes de inscrición poderán presentarse desde o luns, día 21, ata o xoves 31 de maio. Os impresos deben presentarse os martes e os venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no Punto de Información Xuvenil (PIX) da Casa da Cultura do Milladoiro. Na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Casa do Concello de Bertamiráns poderá facerse a inscrición os luns, mércores e xoves. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición para participar nesta actividade.




