[11-07-2016] A partir de hoxe xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación, que se desenvolverán durante o mes de agosto nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Estes cursos pretenden ocupar o tempo libre dos nenos e nenas amesáns durante as vacacións ao mesmo tempo que aprenden a nadar. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 22 de xullo. Todos os/as interesados/as poderán inscribirse na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa do Concello, en Bertamiráns, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude para os cursos de natación.
O Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, puxo en marcha o pasado luns 1 de xullo os cursos de natación que se imparten nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. O programa está dedicado a ocupar o tempo libre de nenos e nenas durante as vacacións do verán e, deste xeito, aprender tamén un deporte novo. Os cursos comezaron este mes coa primeira quenda que durará ata o 29 de xullo. A segunda quenda dos cursos de natación desenvolverase no mes de agosto. A partir de hoxe ábrese o prazo de inscrición para os cursos que van dende o 1 ata o 31 de agosto.
Para o mes de agosto ofértanse 126 prazas, que se repartirán en diferentes horarios ao longo da mañá. Para os maiores de 12 anos resérvanse 30 prazas e o seu curso impartirase de 10:30 h a 11:15 horas. Os rapaces de 10 a 11 anos tócalles a segunda quenda, de 11:15 h a 12:00 horas. Para esta franxa de idade tamén hai 30 prazas.
De 12:00 h a 12:45 horas desenvolverase a terceira quenda na que se ofertan 30 prazas para os rapaces de 8 a 9 anos; e de 12:45 h a 13:30 horas haberá 24 prazas dirixidas a nenos e nenas de 6 a 7 anos. A última quenda resérvase para os máis pequenos, 12 prazas para nenos e nenas que teñan entre 3 e 5 anos, que se levará a cabo de 13:30 h a 14:15 horas. En canto ás inscricións, poderán realizarse na Casa da Cultura do Milladoiro e na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello) dende as 9:00 h ata as 14:00 horas. O prazo para apuntarse aos cursos de agosto estará aberto ata o 22 de xullo.
Trámites de inscrición
O prezo desta actividade é de 20 euros, ou 10 euros a partir do segundo membro da unidade familiar e 5 euros a partir do terceiro ou restantes. Existen bonificacións para os membros das unidades familiares menores de 18 anos. A documentación necesaria que hai que achegar é o impreso de solicitude cuberto, a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria onde se realiza o pagamento e a fotocopia da tarxeta sanitaria.
A folla de autoliquidación poderá solicitarse presencialmente na Casa da Cultura do Milladoiro, na oficina de Deportes de Bertamiráns, nas oficinas de recadación ou no enderezo de correo electrónico ames@canaltributos.com. Só poderán participar as persoas empadroadas no Concello de Ames. Para máis información poden enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981535940 ou 619842504.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Abierto el plazo de inscripción en los cursos de natación"




