[28-05-2012] A Concellaría de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura do Concello de Ames deseñou para este verán un campamento urbano pensado para as tardes de parte do mes de xullo. Trátase dunha iniciativa pioneira no municipio, que se levará a cabo entre os días 9 e 21 de xullo e na que poderán participar rapaces de entre 6 e 14 anos. Para a realización desta actividade será preciso contar cun mínimo de 25 rapaces inscritos. Deste xeito, póñense en marcha estes campamentos chamados, Tardes ao Natural, pensando nas demandas dos veciños e veciñas amienses, que veñen solicitando a posibilidade de que se fixesen actividades para os máis novos nas tardes do verán. O campamento desenvolverase en horario de 16:30 a 20:00 horas e terá un custe de 50 euros. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de preinscrición que hai que cubrir para apuntarse neste campamento.




