Venres, 11 de marzo de 2011
[11-03-2011] O prazo para solicitar prazas para a Campaña de Verán está aberto ata o vindeiro 22 de marzo. Esta campaña intenta facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre en Galicia e España nos meses de xullo e agosto. Os rapaces e as rapazas participantes disporán dun programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial. As solicitudes poden presentarse de forma telemática ou escrita.