Pestanas principais

Ábrese o prazo de preinscrición para os campamentos de verán

Luns, 02 de maio de 2011

[02-05-2011] As concellarías de Medio Ambiente, Mocidade e Educación poñen en marcha un ano máis unhas das actividades máis esperadas polos cativos, os campamentos de verán. Todos os nenos/as e a mocidade de entre 13 e 18 anos, poderán gozar destes campamentos durante a época estival. Para participar nestas actividades haberá que formalizar a preinscrición dende o día 2 ata ao 14 de maio. Deste xeito, todos os cativos terán a posibilidade de pasar uns días divertidos ao tempo que fan novos amigos e coñecen o respecto polo medio ambiente. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar o impreso de preinscrición e as bases dos campamentos.