Pestanas principais

Ábrese o prazo de preinscrición nos cursos de galego preparatorios para obter o Celga

Luns, 16 de xaneiro de 2012

[16-01-2012] O Concello de Ames informa que o prazo de preinscrición para anotarse nos cursos de galego preparatorios para a obtención do Certificado de Lingua Galega nos niveis 1, 2, 3, 4 estará aberto entre luns 16 e o venres 27 de xaneiro, ambos os dous incluídos. Os cursos son gratuítos e impartiranse tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As persoas interesadas poderán anotarse ben pasando polo Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, ben chamando por teléfono ao número 981 884 991 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.org. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a programación dos cursos para a obtención do Celga.