Pestanas principais

Ábrese o prazo de preinscrición nos cursos de galego preparatorios para obter o Celga

Luns, 16 de xaneiro de 2012

[16-01-2012] O departamento de Cultura Concello de Ames informa que o prazo de preinscrición para anotarse nos cursos de galego preparatorios para a obtención do Certificado de Lingua Galega nos niveis 1, 2, 3, 4 estará aberto entre luns 16 e o venres 27 de xaneiro, ambos os dous incluídos. Os cursos son gratuítos e impartiranse tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As persoas interesadas poderán anotarse ben pasando polo SNL de Ames (Pazo da Peregrina, Bertamiráns), ben chamando por teléfono ao número 981 884 991 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.org. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a programación dos cursos para a obtención do Celga.

O Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xerla de Política Lingüística da Xunta de Galicia abre o prazo para preinscribirse nos cursos de galego preparatorios para a obtención dos diferentes certificados de lingua galega: Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As persoas interesadas en realizar algún destes cursos terán que preinscribirse entre o luns 16 de xaneiro e o 27 do mesmo mes. Para maior comodidade das persoas interesadas, a preinscrición poderá realizarse de tres xeitos: presencialemnte, pasando polo departamento de cultura situado no pazo da Peregrina de Bertamiráns; chamando por teléfono ao número 981 884 991 ou enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.org. Os datos necesarios para formalizar a inscrición son: nome e apelidos, número de DNI ou pasaporte, teléfono de contacto, nivel no que desexan anotarse (Celga 1, 2, 3 ou 4) e lugar de preferente para a realización do curso (Bertamiráns ou O Milladoiro).

Para impartir estes cursos no Concello de Ames é preciso ter un mínimo de 20 persoas preiscritas por cada un dos niveis. O lugar de impartición determinarase en función da preferencia maioritaria das persoas anotadas, sempre que non haxa posibilidade de formar un grupo en cada unha dos núcleos ubanos do concello.

Os cursos son gratuítos e teñen unha carga lectiva de 70 horas. Impartiranse de luns a xoves entre o 21 de marzo e o 31 de maio de 2012. O horario será das 20.30 h ás 22.30 h. Cómpre lembrar que está é a única convocatoria de cursos de galego presenciais para o ano 2012, polo tanto, todas as persoas interesadas en realizar cursos de galego este ano no Concello de Ames teñen que preinscribirse neste prazo.

A inscrición defintiva confirmarase presencialmento no SNL ou no mesmo teléfono indicado máis arriba na semana do 12 ao 16 de marzo. Nesa semana confiramarase dfinitivamente os cursos que vai haber no concello e o lugar de impartición de cada un deles.

En 2012 habera tamén unha única convocatoria de probas para a obtención dos Celga. A localidade máis próxima para realizar eses exames será Santiago de Compostela e as probas realizaranse nas dúas primeiras fins de semana do mes de xuño. O exames do Celga 4 serán o día d 2 de xuño; os do Celga 2, o 3 de xuño; os do Celga 3, o 9 de xuño e os do Celga 1, o 10 de xuño. As inscricións para realizar as probas faranse nos rexistros da Xunta de Galicia a partir do momento da publicación no DOG da convocatoria de probas e sempre antes do día 3 de abril de 2012.

Para ober mais información sobre os niveis, validacións, convocatorias de formación ou de probas poden poñerse en contacto no departamento de cultura Servizo de Normalizavión Lingüística do Concello de Ames a través do teléfono 981 884 991 ou do correo electrónico normalización@concellodeames.org.