[13-10-2016] O obradoiro de Relaxación e Técnicas de Autoaxuda a través das cores, organizada pola Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), xa abriu o seu prazo de matrícula. A actividade desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns todos os xoves, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Hai 15 prazas dispoñibles e as clases comezarán o xoves 20 de outubro. Para inscribirse ou para solicitar máis información pódese acudir á oficina da OVA, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben hamar por teléfono ao 662377044.
Pintar no parque, colorear mandalas, exercicios de respiración e relaxación son algunhas das actividades que engloba este obradoiro. A arte emprégase como unha vía para expresar emocións e sentimentos, e como unha ferramenta para comunicarse. Pintar mandalas é unha técnica de relaxación oriental, ademais dunha forma de fomentar a creatividade. Cada persoa emprega e enche de cores o seu mandala como dite a súa imaxinación. Todo isto converteu a actividade Relaxación e Técnicas de Autoaxuda a través das cores nun obradoiro popular entre a veciñanza amesá. As aulas terán lugar os xoves de cada mes na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Para inscribirse nunha das 15 prazas deste obradoiro deberase acudir á oficina da OVA, situada no centro sociocultural, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se poderá facer o trámite telefonicamente chamando ao teléfono 662377044. Como todas as actividades organizadas pola OVA é impartida por mestras voluntarias e a inscrición e participación son de balde. As clases comezarán o xoves 20 de outubro e rematarán a finais do mes de xuño.




