Pestanas principais

Ábrese o prazo de inscrición para participar no VI “Concurso de Escaparatismo do Concello de Ames-Nadal 2011”

Xoves, 24 de novembro de 2011

[24-11-2011] O Concello de Ames abre o prazo de inscrición para participar no sexto concurso de Escaparatismo do Concello de Ames - Nadal 2011. A Concellería de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo puxo en marcha este concurso no que os comercios amienses competirán co engalanado dos seus escaparates. Os escaparates deberán estar montados e expostos dende o 5 de decembro de 2011 ata o 5 de xaneiro de 2012. Os premios este ano presentan novidades, pois están máis repartidos e en lugar de tres, serán cinco os comercios premiados. O primeiro clasificado recibirá 600 euros de premio, 400 euros o segundo, 200 euros o terceiro, o cuarto premiado poderá gozar dunha fin de semana para dúas persoas nunha sesión termal valorada en 200 euros e o quinto gañará unha fin de semana rural para dúas persoas valorado en 100 euros. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do concurso e o impreso de solicitude.