[06-02-2012] O grupo Chévere organiza o obradoiro do espectador sobre Citizen. O obradoiro do espectador é unha proposta do grupo Chévere dirixida a calquera persoa interesada na cultura e no teatro para mellorar a comprensión e o goce das obras de teatro que se programan en Ames. Neste caso falarase de Citizen, a obra de Chévere que se representará na Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro 24 de febreiro. O obradoiro realizarase o venres 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto entre o 8 e o 17 de febreiro. Para apuntarse hai que pasar pola Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 h ás 14:00 horas, ou chamar ao número de teléfono 981 535 940.
A programación teatral de febreiro complétase o venres 24, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro coa representación da peza teatral Citizen Completo, da compañía Chévere. Citizen fala da construción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade coma se se tratase dun serial. É a biografía inventada dun personaxe real, Amancio Ortega, que se converte en escusa para falar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades colectivas e individuais. Esta obra está dirixida ao público adulto.
Citizen conta as historias cruzadas de Amancio Ortega, un empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX, e de Sara, unha rapaza implicada na loita anti-franquista na década dos 70. Anos despois acaba traballando con outras veciñas nun taller de confección que cose para unha gran empresa. Esta obra será representada pola empresa Chévere, unha compañía de teatro que leva 25 anos traballando pola cultura galega. Chévere practica un teatro directo e cómplice, que trata sen prexuízos e con espírito crítico temas que preocupan á xente de hoxe.
Obradoiro do espectador
O obradoiro do espectador é unha proposta do grupo Chévere dirixida a calquera persoa interesada na cultura e no teatro para mellorar a comprensión e o goce das obras de teatro que se programan en Ames. Neste caso falarase de Citizen, a obra de Chévere que se representará na Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro 24 de febreiro.
O obradoiro do espectador servirá para promover a relación entre veciños, compartir en grupo as nosas inquietudes e dúbidas como espectadores e ter un contacto directo cos artistas que visitan o Concello de Ames. Este obradoiro desenvolverase o día 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. No obradoiro participarán os membros da compañía Chévere; Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira.
Para participar neste obradoiro é preciso inscribirse previamente. A inscrición é de balde. As prazas son limitadas. Todas as persoas asistentes ao obradoiro terán unha redución do 50% na entrada para ver o espectáculo Citizen. O prazo de inscrición estará aberto entre o 8 e o 17 de febreiro. Par apuntarse hai que pasar pola Cultura da Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 h ás 14:00 horas, ou chamar ao número de teléfono 981 535 940.