Pestanas principais

Ábrese o prazo de inscrición para participar na actividade de rafting polo río Deza

Luns, 18 de abril de 2011

[18-04-2011] Dende o 18 de abril ata o 3 de maio permanecerá aberto o prazo de inscrición para apuntarse a unha nova actividade de rafting organizada pola concellería de Mocidade, que se realizará o vindeiro 7 de maio no Deza, afluente do Ulla, no que se realizará un percorrido de 8 quilómetros entre Bascuas e Cira. Para inscribirse é necesario ter 14 ou máis anos, estar censado no concello de Ames e saber nadar. O prezo da actividade é de 14 euros e deberá depositarse na conta do Concello e presentar o correspondente xustificante de pago xunto coa solicitude e a documentación pertinente. Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar o impreso de inscrición.