[14-05-2012] Aproxímase o verán e o Concello de Ames, a través da concellaría de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo, pon en marcha un ano máis os programas do Xuño lúdico e a Escola de verán. Estes servizos permiten a conciliación da vida familiar e laboral e están destinados a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. O Xuño lúdico desenvolverase durante os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. Por outra banda, a Escola de verán desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, no mesmo horario de 7:30 h. a 16:00 horas. O prazo para apuntarse nestes dous programas estará aberto dende o día 15 ata o 30 de maio. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os impresos de inscrición e as bases dos programas lúdicos e da Escola de verán.
O verán é unha época para pasalo ben, sobre todo para os cativos, que teñen preto de tres meses libres. Moitos pais e nais non teñen a mesma sorte, e as súas obrigas laborais fan máis difícil conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas. Para axudar a estas familias, o Concello de Ames pon en marcha os programas do Xuño lúdico e a Escola de verán, que ofrecen actividades lúdicas e culturais a centos de nenos e nenas amienses mentres os seus pais e nais traballan.
Como en anos anteriores, o Concello de Ames pon en marca o programa de Xuño lúdico, dirixido aos nenos de entre 3 e 12 anos. Con este programa preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.
Estas actividades desenvolveranse durante os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. O prazo para apuntarse no Xuño lúdico estará aberto dende o día 15 ata o 30 de maio. Todas as persoas interesadas terán que pasar polo departamento de Educación, situado na Casa do Concello, ou pola oficina municipal do Milladoiro, en horario de 09:00 h. a 14:00 horas. As follas de inscrición tamén se poden descargar no banner, que se atopa na cabeceira da web municipal, e no apartado de AVISOS. A entrega da documentación farase no rexistro xeral do Concello, situado en Bertamiráns, e na oficina municipal do Milladoiro, no mesmo horario que no caso anterior.
Escola de verán
Por outra banda, a Escola de Verán é unha oferta educativa e de ocio. Pretende ser unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo para os nenos e nenas, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. Ademais permítelle aos rapaces e rapazas pasar as vacacións de verán dun xeito divertido e educativo.
O servizo está dirixido aos nenos e nenas que cursan segundo ciclo de infantil e educación primaria e que estean empadroados no Concello de Ames. Tamén poderán acceder ao servizo, as fillas e fillos de persoas, que estando empadroadas noutro Concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. Esta situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou institución correspondente. A pesar diso terán sempre preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello.
O servizo desenvolvese nos meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 h. a 16:00 horas. Trátase de facer unha oferta lúdica - educativa para que os rapaces e rapazas pasen un verán diferente cos seus compañeiros e no seu contorno á vez que aprenden conceptos fundamentais para a súa educación.
As solicitudes de inscrición poderán recollerse no departamento de Educación e na oficina municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h. ás 14:00 horas, ou pódense descargar no banner, que se atopa na cabeceira da web municipal, e no apartado de AVISOS. Unha vez estea cuberta a ficha de inscrición poderase entregar no rexistro xeral do Concello e na oficina municipal do Milladoiro, tamén en horario de 9:00 h. ás 14:00 horas. O prazo para solicitar a inscrición estará aberto dende o 15 ata o 30 de maio.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Ábrese o prazo de inscrición para o Xuño lúdico e a Escola de verán de Ames"
La Voz de Galicia: "Ames, Brión y Teo abren la reserva de plazas en planes de conciliación"




